Venom 3 é para o verán

97

VenomA rodaxe da terceira entrega da saga de Venom ten previsto transcorrer en Inglaterra dende xuño até setembro, segundo informan fontes non oficiais. Isto suxeriría que a estrea podería ser a finais de verán ou comezos do outono de 2024. Agárda-se que a inglesa Kelly Marcel (a creadora da relembrada série Terra Nova) faga o seu debut coma directora nesta película, que probabelmente será a derradeira de Tom Hardy coma protagonista.