A AMC expande o universo de Anne Rice

281

O pasado mes de outubro, a AMC deu o disparo de saída ao que denomina “Universo inmortal de Anne Rice” coa primeira tempada da polémica série Interview with the Vampire e continuou a comezos deste mes coa estrea de Mayfair Witches.

Ambas obras comparten un mundo sobrenatural baseado nas mais de quince novelas escritas pola falecida autora de supervendas, e seica a canle ten plans para adaptar aínda mais nun futuro próximo.

Mark Johnson, veterán produtor da compañía, onde traballa dende finais dos anos 70, será o encargado de supervisar a iniciativa “Universo Inmortal” e recentemente confirmou que ten planeados polo menos outros tres proxectos situados neste universo para a AMC e mais a AMC+: “Estamos a desenvolver outras tres cousas, todas ao mesmo tempo, e todas diferentes. A xente pregúnta-me o que teñen en común estas séries, ou que teñen en común estes libros, e en realidade coido que son os seus persoaxes, por moi torturados ou estraños que sexan“.

Entre os proxectos pendentes está unha série sobre o demo Lasher, a quen interpreta Jack Huston en Mayfair Witches, outra sobre os Fang Gang, que son un grupo nómada de vampiros moteiros, e outra sobre os Talamasca, unha sociedade secreta encargada de investigar, vixiar e rexistrar todo o paranormal, e en particular, bruxas, espíritos, lobishomes e vampiros.