Space Ghost en acción real

93

Space GhostO actor Jason Segel ven de revelar que está a desenvolver unha adaptación con acción real do clásico persoaxe de debuxos animados Space Ghost. Segel non quixo especificar que encarnación do persoaxe ten en mente, se é a orixinal ou a satírica. E aínda que os seus plans non son inmediatos, o proxecto apaixóa-lle: “Hai un persoaxe chamado Space Ghost que me encantaba de neno. Era coma un superheroe dos 60. Logo resucitou na Comedy Central coma un irónico presentador dun programa de entrevistas. Así que escribín unha versión de acción real que me encantaría facer“.