Coogler planea dar-lle vida á raíña de Saba

101

Ryan CooglerA empresa do responsábel da franquía de Black Panther, Ryan Coogler, a Proximity Media, vai-se asociar coa Onyx Collective para produciren unha série na Hulu sobre a mítica Raíña de Saba, titulada Sheba. O proxecto será co-creado e escrito por Chantelle Wells (Echo, Yellowjackets) e Azie Tesfai (Kelly Olsen en Supergirl) e a história explorará o mito da lendária raíña e de como uníu e fundou a actual nación de Etiopía.