Adult Swim despide a Roiland

354

Rick and MortyA canle Adult Swim ven de despedir oficialmente ao co-creador de Rick and Morty Justin Roiland, despois de que este fora acusado por violéncia doméstica nun xulgado de Califórnia. Roiland non só co-creou a série, senón que ademais é quen lle pon as voces aos dous persoaxes protagonistas, que deberán agora buscar novos actores de dobraxe. A Hulu pola súa banda tamén lle rescindiu o contrato polas outras dúas comédias que ten na canle: Solar Opposites e Koala Man.