Cudlitz é o novo Luthor de Superman & Lois

330

Michael CudlitzO veterán Michael Cudlitz (Abraham Ford en The Walking Dead) interpretará ao superfalcatruán mais emblemático da DC Comics, Lex Luthor, na vindeira terceira tempada de Superman & Lois na canle The CW. Na série, Luthor é o multimillonário dono da LexCorp, pero en realidade é un brutal psicópata que aterroriza a todos os que ousan opoñerse-lle. Agora está a buscar vinganza contra Superman (Tyler Hoechlin) e Lois Lane (Elizabeth Tulloch).