Os Oscars deste ano contarán cunha participación do xénero fantástico moi salientábel, despois de que Everything Everywhere All At Once levara once nominacións, que se deron a coñecer onte. Avatar: The Way of Water e Black Panther: Wakanda Forever séguen-lle os pasos con cinco cadansúa e Nope con tan só unha. Fóra do xénero, a longametraxe alemá Im Westen nichts Neues fíxo-se con nove e The Fabelmans de Steven Spielberg, con oito. Os gañadores serán anunciados nunha gala o 13 de marzo.