Avatar 2 supera a Avengers: Infinity War

331

AvatarO filme de James Cameron Avatar: The Way of Water sobrepasou esta semana os 2.000 millóns de dólares de recadación nos despachos de billetes de todo o mundo, converténdo-se deste xeito na quinta película con maior recadación da história do cinema e superando a Avengers: Infinity War. A secuela de Avatar leva camiño de pasar tamén aos 2.068 millóns de Star Wars: The Force Awakens, o que suporá que Cameron contará axiña con tres das catro películas mais rendíbeis de todos os tempos.