O fundador dos prémios Razzie, John Wilson, tivo que emitir unha desculpa pública á actriz Ryan Kiera Armstrong, despois de que esta fora nominada coma peor actriz protagonista polo filme remake de Firestarter do ano pasado. A nominación ergueu moitas críticas, dado que a nena só ten doce anos, polo que Wilson dixo que dende agora os Razzies imporán unha idade mínima de 18 para ser nominado. Ademais, o nome de Armstrong foi eliminado das papeletas e os organizadores desculpáron-se polos danos ocasionados.