A Feira Internacional de Anime de Tóquio (TAF), a feira de comércio máis importante do mundo adicada aos debuxos xaponeses, ven de presentar “Evangelion 1.0: (Non) Estás só” co seu prémio á Millor Animación do ano.
Os debuxos, a última entrega da franquía da Hideaki Anno TV sobre os rapaces que pilotan robots xigantes en loita contra invasores extra-terrestres, foi un grande éxito o ano pasado cando foi distribuida nos Estados Unidos, recadando 19 millóns de dólares.
A TAF anunciou asemade outros prémios nas súas dúas seccións principais: Traballos Nominados, para séries e películas emitidas, exhibidas ou vendidas nos pasados 12 meses, e Traballos Enviados, para séries e filmes remitidos polo público en xeral en todo o mundo.
O grande prémios na sección de Traballos Nominados foi para Adventures in the NPM, unha curta taiwanesa de Helen Huang que é unha guía animada polo Museu do Palácio Nacional en Taipei. A obra de Grzegorz Jonkajtys Ark e mais a de Moin Samadi The Lost Puppet foron seleccionadas coma Mencións de Honra na categoría xeral, o que supón o segundo prémio. Christmas in Taxi de Young-kwang acadou o Prémio Especial, e a obra de Takashi Kato The Clockwork City e mais a de Guillaume Briet BistRobot gañaron mencións de honra na categoría de estudantes.
A TAF terá lugar do 27 ao 30 de marzo en Tóquio (Xapón). O ano pasado a feira amosou traballos de 270 empresas diferentes, incluindo 55 estranxeiras, e atraiu a 107.713 visitantes.