A DC Studios ven de lle facer unha oferta ao realizador James Mangold (Logan, Indiana Jones and the Dial of Destiny) para que dirixa o filme da Cousa do Pantano, a película de terror que pechará a primeira fase do novo universo da DC, alcumado “Deuses e Monstros”. Polo de agora as conversas están nunha fase moi inicial e non hai nin un guión listo, pero Mangold xa publicou un chío e seica está a considerar a proposta.