Move a Língua!

511

Coma cada ano, o 7 de febreiro a Asociación de Médios en Galego (AMEGA) celebrará o Día dos Médios, co gallo da saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa língua, cando en 1876 Valentín Lamas Carvajal editou en Ourense “O Tío Marcos d’A Portela”.

En 2023, máis de 130 medios asociados á AMEGA, que utilizan a nosa língua como vehículo, ferramenta e obxectivo, organizan unha xornada festiva. O xoves 9 de febreiro, a partir das 20:30, coa colaboración da Xunta de Galiza e mais o Concello de Santiago, haberá na Sala Capitol de Compostela un minifestival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga. A entrada é de balde pero cómpre reservar con antelación.

Previamente, celebrará-se o Día dos Médios en Galego o mesmo día 7, cunha rolda de prensa de presentación no Pazo de San Roque, na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ás 11:00, coa presenza do seu responsábel Valentín García, a concelleira Mercedes Rosón, e mais o cantante de música latina Ortiga.