O Spider-Man de cinema negro segue adiante

188

Aínda que de momento sen título, a série de acción real co Spider-Man Noir presentará a un gabeamuros vello e co pelo cano no New York dos anos 30, estará ambientada nun universo de seu e o protagonista non será Peter Parker.

Spider-Man Noir debutou en 2009 coma parte do universo Marvel Noir, amosando unha versión do emblemático superheroe que vive en New York durante a Grande Depresión. Os seus superpoderes proveñen da picada dunha araña oculta nun artefacto roubado, que lle fai ter visións dun deus-araña. Milo Ventimiglia interpretou ao persoaxe na terceira e cuarta tempadas da série de debuxos animados Ultimate Spider-Man, mentres que Nicolas Cage puxo-lle a voz en Spider-Man: Into the Spider-Verse.

Oren Uziel (The Lost City, Mortal Kombat) exercerá de guionista e produtor executivo, e desenvolveu a série xunto aos aclamados produtores do Spider-Verso e directores de The LEGO Movie Phil Lord e Christopher Miller, e mais a ex-jefa dos estudos da Sony Amy Pascal. Todos eles serán produtores executivos.

Este é o segundo proxecto baseado nos persoaxes da Marvel cuxos dereitos están controlados pola Sony que se pón en marcha na Amazon Prime Video e a MGM+. O anterior foi a série Silk: Spider Society, que conta con Angela Kang coma showrunner.

Outros programas están aínda en desenvolvemento e non se descarta que na Amazon dea a coñecer mais proxectos semellantes nun futuro próximo. A Sony controla actualmente mais de 900 persoaxes relacionados coa franquía de Spider-Man e conta con dúas secuelas do Spider-Verso en camiño, nas que que probabelmente xa non apareza Spider-Man Noir. Tamén están en marcha a terceira parte de Venom e os filmes Kraven The Hunter e Madame Web.