Nova guionista para o remake de Splash

362

Sarah Rothschild, a guionista da comédia familiar The Sleepover (2020), escribirá un novo borrador do remake da clásica comédia Splash para a Disney Pictures, a Imagine Entertainment e a Free Association. Marja-Lewis Ryan escribira o borrador anterior.

A actriz Jillian Bell, que se deu a coñecer en 2016 con éxitos para adolescentes coma 22 Jump Street, está aínda vencellada ao proxecto que amosará unha nova versión do filme de Ron Howard de 1984, un grande éxito da Disney daquela que axudou a pór en marcha a Touchstone Pictures e mais a Imagine Entertainment.

Tom Hanks, Darryl Hannah e John Candy protagonizaron a longametraxe orixinal, que ía sobre un home e unha serea que se namoran despois de se reencontraren, anos despois de que ela lle salvara a vida a el cando era un neno.

Hai sete anos, cando se comezou a se falar deste remake, a ideia era mudar os papéis e facer que Bell fixera o papel de Hanks, mentres que Channing Tatum sería un sereo sexi. Polo de agora non se sabe se o novo borrador manterá este troco nin se Tatum segue a bordo do proxecto.