O amigo imaxinário

148

LionsgateA Lionsgate está a negociar a adquisición dos dereitos do thriller Imaginary e cofinanciará a película coa Blumhouse. Jeff Wadlow dirixirá e producirá xunto a Jason Blum, e a rodaxe comezará a finais deste ano. Wadlow coescribiu o guión con Greg Erb, Jason Oremland e Bryce McGuire. A história vai sobre unha muller que regresa á casa da súa infáncia e descubre que o amigo imaxinário que tiña de nena é real e está moi anoxado por ficar só tanto tempo.