Volve a Xustiza

844

A Liga da XustizaA Warner Brothers regresa coa Liga da Xustiza, e aposta por un lanzamento en 2009, agora que ven de rematar a folga de guionistas.

A Warners tentara que A Liga da Xustiza, o filme baseado na popular franquía da DC Comics, entrase en produción xa hai meses, pero tiveron que adia-lo indefinidamente en xaneiro, co que os contratos que tiñan cos membros do reparto expiraron. Naquel intre xa dixeran que os estudos non querían seguir adiante até que os guionistas lle deran outro repaso ao libreto do filme.

Os guionistas Kieran e Michele Mulroney están ocupados pulindo o guión, que se agarda que estea de volta nos estudos dentro dalgunhas semanas, mentres que aos actores lles aconsellaran que seguiran poñéndo-se en forma para entraren nos seus uniformes de super-heroes. O director George Miller está facendo labouras de preprodución en Austrália, pero non está nada claro se o filme se rodará alí ou en Canadá.

Adam Brody, contratado para facer o papel de Flash, é o actor de máis sona dentro do reparto para o filme. O rapeiro Common fará o persoaxe de Lanterna Verde, mentres que o resto dos papeis serán para actores menos coñecidos, coma Armie Hammer Jr. (Batman) e Megan Gale (Wonder Woman).