Yeun úne-se aos Thunderbolts

175

O actor nominado ao Oscar Steven Yeun (Nope, The Walking Dead) ven de sumar o seu nome ao elenco de Thunderbolts na Marvel Studios, nun papel que probabelmente continuará en futuras películas do Universo Cinematográfico Marvel.

Polo de agora aínda non se sabe que persoaxe interpretará, aínda que será un salientábel. Yeun, xunto a Ayo Edebiri, son os primeiros novos nomes revelados para a película, que está chea de retornados doutras películas e séries.

A história céntra-se nunha equipa de antiheroes da Marvel que se unen para loitaren xuntos en misións patrocinadas por unha organización governamental secreta. No elenco están Sebastian Stan coma o líder do grupo, Bucky Barnes/Winter Soldier, David Harbour coma Red Guardian, Wyatt Russell coma John Walker/US Agent, Hannah John-Kamen coma The Ghost, Florence Pugh coma Yelena, Olga Kurylenko coma Taskmaster, Julia Louis-Dreyfus coma a Condesa Valentina Allegra de Fontaine, e Harrison Ford substituíndo ao falecido William Hurt no papel do xeneral Thaddeus E. “Thunderbolt” Ross.

Jake Schreier (Robot & Frank, 2012) será o director e Eric Pearson (Black Widow) o guionista. Está previsto que a rodaxe comece en xuño e que a película se estree o 26 de xullo de 2024. Será a quinta das seis películas da Fase 5 da Marvel.