Case un ano despois de lle encargar a série, a HBO Max vende á Netflix a súa adaptación do cómic da DC Dead Boy Detectives.
A série é unha nova versión dunha história de pantasmas que explora a perda, a dór e a morte a través da lente de dous adolescentes ingleses mortos: Edwin Payne (George Rexstrew) e Charles Rowland (Jayden Revri) e mais da súa amiga, aínda viva, Crystal Palace (Kassius Nelson).
O guionista Steve Yockey (Supernatural, Doom Patrol) adaptou este cómic orixinal de Neil Gaiman e Matt Wagner e exerce de showrunner na série que producen a Warner Bros. TV coa Berlanti Productions. Jeremy Carver é o produtor executivo.
Porén após de produci-la, a Warner Bros. Television optou por vender a série, unha vez comprobado que non encaixaría cos novos plans da DC Studios de James Gunn e Peter Safran. Ademais, a HBO Max non podería comercializa-la até 2024 e os produtores querían obtér antes os benefícios.
Briana Cuoco, Yuyu Kitamura e Jenn Lyon son os outros protagonistas, xunto a Ruth Connell, que regresa ao seu papel da Enfermeira de Noite da Doom Patrol na HBO Max, onde Sebastian Croft, Ty Tennant e Madalyn Horcher interpretaran ao trío protagonista de Dead Boy Detectives nun episodio da terceira tempada. Así a todo a nova série non gardará relación con ese capítulo.