Co gallo das celebracións do Día Pokémon o pasado luns, a Netflix e mais a The Pokemon Company anunciaron unha nova série orixinal de debuxos animados en stop-motion que se titulará Pokemon Concierge.
Producida pola Dwarf Animation Studio, Pokemon Concierge utilizará técnicas de animación stop-motion para contar una série de novas histórias orixinais, inspiradas nos cómics, o anime e mesmo as achegas dos fans á saga de Pokémon.
O protagonista será unha rapaza que traballa nun hotel cuxos únicos clientes son Pokémon, nun programa que se afasta do tón de acción e aventura doutras adaptacións anteriores dos Pokémon ás pantallas.
Minyoung Kim, a vicepresidenta de contidos para Ásia-Pacífico da Netflix, afirmou: “Temos un grupo de expertos aquí en Xapón aos que les apaixoa atopar e desenvolver histórias orixinais de Xapón que poidan entusiasmar ao público de todo o mundo. Con este título, estamos encantados de unir un argumento totalmente novo que amplía o universo Pokémon cunha animación stop-motion innovadora“.
A série presentou-se no decurso da transmisión en vivo do evento Pokemon Presents, no que a Netflix compartiu un breve tráiler centrado en Psyduck. Polo de agora aínda non se deu a coñecer unha data de estrea.