A Nickelodeon Studios ven de lle dar a luz verde a The Thundermans Return, unha longametraxe baseada na comédia de superheroes con acción real de 2013 The Thundermans, co regreso de todo o elenco orixinal da série.
A película continuará as aventuras da superpoderosa família no seu comezo dunha nova era de loita contra os criminosos. Os acontecementos teñen lugar despois da série de catro tempadas, que durou 103 episódios e rematou en maio de 2018.
Nesta ocasión, os xemelgos Phoebe (Kira Kosarin) e Max (Jack Griffo) están a gozar do seu estilo de vida de superheroes, pero cando unha das súas misións de rescate saia mal, os Thunderman son enviados de volta a Hiddenville. E mentres que Hank (Chris Tallman) e Barb (Rosa Blasi) están encantados co regreso, e Billy (Diego Velázquez) e Nora (Addison Riecke) esperan ter unha vida normal no instituto, Max e Phoebe están decididos a recuperar o seu status de superheroes.
Os persoaxes mais populares da série, novos falcatruáns e lugares xa coñecidos, estarán presentes na película, que comezará a se rodar en Los Angeles en abril e que polo de agora aínda non ten data de estrea fixada.
O filme contará con Jed Spingarn coma guionista e produtor, e será dirixido por Trevor Kirschner.
A série orixinal experimentou un rexurdimento após do seu lanzamento a finais de 2021 nas plataformas de streaming, converténdo-se no título mais visto entre os rapaces de 6 a 11 anos e manténdo-se no mais alto durante todo o ano pasado, segundo anunciou a Nickelodeon.