Lasseter recibirá o León de Ouro

749

LasseterO cineasta John Lasseter recibirá en setembro o León de Ouro polos méritos de toda a súa vida no vindeiro Festival de Cinema de Venécia, que tamén honrará aos demáis directores de animación da Disney.

Lasseter, que é o creativo xefe da Pixar e da Disney Animation Studios, viaxará ao Lido acompañado dos seus colegas Brad Bird, Pete Docter, Lee Unkrich e Andrew Stanton, directores, respectivamente — e ás veces colectivamente – de filmes coma Ratatouille, Monstros S.A., Procurando a Nemo e Wall-E.

Esta iniciativa do festival de Venécia por galardoar a Lasseter axudará a fomentar a cota hollywoodense do certame italiano, que foi moi baixa o ano pasado. E ademais tamén está en regra coas anteriores iniciativas do Festival en prol da animación, coma cando en 2005 se lle concedeu o León de Ouro ao autor de anime xaponés Hayao Miyazaki, amigo persoal de Lassiter por certo.

A elección do prémio para Lassiter e a Pixar/Disney tamén coincide no tempo cos éxitos que está a colleitar Wall-E, nominada para seis Oscars e considerada por moitos coma a millor película de debuxos animados de 2008.