Cancelada Star Trek: Discovery

395

A Paramount+ dirá adeus á súa série mais popular cando remate a quinta tempada de Star Trek: Discovery, que será a derradeira.

A rodaxe da tempada estaba xa case rematada, pero co anúncio da cancelación é de agardar que se roden algunhas escenas novas para pechar os fíos argumentáis que puideran aínda ficar abertos e dar deste xeito un final axeitado á série, que de todas maneiras non chegará ás pantallas até o ano que ven.

Nesta quinta e derradeira tempada, a capitá Burnham e mais a tripulación do U.S.S. Discovery descubrirán un mistério que os embarcará nunha épica aventura a través da galáxia para atopar un antigo poder cuxa existéncia se agochou deliberadamente durante séculos. Pero hai outros á caza tamén, inimigos poderosos que están desesperados por reclamar o prémio para si mesmos e no se deterán ante nada para consegui-lo.

Protagonizada por Sonequa Martin-Green, Michelle Yeoh e Doug Jones, Star Trek: Discovery estreou-se en 2017 e adoptou un formato narrativo mais serializado que as anteriores séries de Star Trek. O seu éxito fixo posíbel a aparición doutras tres séries: Picard, Strange New Worlds e mais Prodigy.

Agárda-se que a Paramount continúe creando novas séries trekkies, esta vez moito mais baratas de producir. Entre elas hai pendentes un thriller de mistério sobre a Sección 31, e outra dirixida aos nenos e protagonizada por adolescentes, sobre a Académia da Frota Estelar.