Jon Bernthal repetirá o seu papel de Frank Castle, o Castigador, na série Daredevil: Born Again da Marvel Studios. Bernthal úne-se deste xeito a un elenco no que xa figuran Charlie Cox e Vincent D’Onofrio, que xa están a traballar na rodaxe en New York.
Porén outras dúas faces familiares que non regresarán son as de Deborah Ann Woll e Elden Henson. A parella interpretou aos axudantes de Daredevil Karen Page e Foggy Nelson respectivamente, e polo de agora non está claro se os seus papéis irán a parar a outros actores, ou se simplemente estes persoaxes non aparecen na série.
Born Again contará nada menos que con 18 episódios, toda unha novidade para unha série nos servizos de streaming, polo que se prevé que a rodaxe dure todo este ano e probabelmente se alongue até o mes de novembro.
Bernthal interpretou ao Punisher durante a segunda tempada de Daredevil, cando a série fora producida pola Netflix en 2016, e logo protagonizou unha série de seu, The Punisher, outras dúas tempadas mais, de 2017 a 2019.
Mália o título da série, aínda non se sabe se o seu argumento se baseará no cómic homónimo de Frank Miller de 1986, no que por certo Punisher non tiña ningunha participación. En todo caso, agárda-se que o seu tema central sexa a confrontación entre Daredevil e Kingpin.