John Boyega protagonizará o filme de ciéncia-ficción romántico The Freshening, que dirixirá Cathy Yan (Birds Of Prey).
A rodaxe ten previsto comezar a finais de ano, e polo de agora a equipa de produción está tentando pechar mais actores para conformar o elenco. O proxecto contará coma produtores con Ali Wong (da FilmNation Entertainment), Adam McKay e Betsy Koch (pola Hyperobject Industries) e Yan e Ash Sarohia pola Rewild.
O filme está baseado no relato curto do mesmo título, orixinal de Rachel Khong e publicado na revista Paris Review, e está ambientado nunha América dominada por unha iniciativa de saúde pública coñecida coma “o refrescamento”, na que todo o mundo só pode ver a súa própia raza e sexo. Neste futuro próximo, Sam e Reese (Boyega) atópan-se mentres están drogados cun fármaco que inverte temporalmente os efectos do refrescamento.
Boyega, protagonista da mais recente triloxía de Star Wars, está aínda traballando na película da Netflix They Cloned Tyrone, con Jamie Foxx, Kiefer Sutherland e Teyonah Parris.