Finou Topol

326

TopolO actor israelí Chaim Topol ven de morrer hoxe aos 87 anos, após dunha longa batalla contra o Alzheimer. Topol acadou grande sona mundial grazas á súa interpretación do leiteiro Tevye en Fiddler on the Roof, que cantou coma barítono tanto no teatro coma no cinema, pero os fans do fantástico sempre o relembrarán coma o Dr. Hans Zarkov no clásico de culto Flash Gordon de 1980, ou polas súas aparicións no filme de 007 For Your Eyes Only (1981) e na série de televisión SeaQuest DSV (1993).