Fletcher dirixe a Fonte da Xoventude

264

Dexter FletcherO director Dexter Fletcher ven de pechar un acordo para se poñer atrás das cámaras no filme Fountain of Youth da Skydance Productions. O guión de James Vanderbilt (The Amazing Spider-Man) vai sobre a mítica fonte que concede a inmortalidade aos que beben dela, pero os detalles do argumento polo de agora non se deron a coñecer. Vanderbilt, Tripp Vinson, William Sherak, Paul Neinstein, David Ellison, Dana Goldberg e Don Granger serán os produtores.