De Underworld a Gears of War

0
189

Gears of WarLen Wiseman está a se facer un nome no cinema de acción grazas ao seu traballo após das cámaras como máximo responsábel de éxitos recentes coma Underworld, Underworld Evolution ou A Xungla 4.0. E onte pronunciou-se sobre a sua participación como director na adaptación cinematográfica do videoxogo Gears of War, da que xa vos falamos en NOVA FANTASIA.

A nosa esperanza é facer tres filmes e cobrir realmente as bases de todo. Acadar un Señor dos Aneis mais duro“, declarou Wiseman. “Estou a lograr conectar coa franquía. Merquei-me unha Xbox 360 para ir investigando en que consiste Gears of War“.

O director deixa algunhas pistas sobre cara onde se orientará o seu traballo na longametraxe: “O filme estará mais orientado cara á ciéncia-ficción que cara o lado das criaturas. Sempre fun mais fan da ciéncia-ficción ca do terror“.