Gañadores dos Oscars 2023

306

OscarsA 95° gala dos Oscars tivo lugar esta noite en Los Angeles e sen grandes sorpresas no que respecta aos gañadores. O filme de ciéncia-ficción Everything Everywhere All At Once levou 7 estatuíñas (incluíndo mellor filme, mellor actriz para Michelle Yeoh, mellores secundários para Jamie Lee Curtis e Ke Huy Quan e mellor guión) seguida pola fita alemá Im Westen nichts Neues, que acadou catro. Para o cinema de xénero, cómpre salientar Black Panther: Wakanda Forever (mellor vestiário), Avatar: The Way of Water (coma era lóxico, mellores efectos especiais) e Guillermo del Toro’s Pinocchio (mellor filme de debuxos animados).