O veterán Jeremy Podeswa dirixirá o episódio piloto da série limitada Blade Runner 2099 para a Amazon Prime. Ademais, o mesmo Podeswa será tamén o produtor executivo da série xunto á showrunner Silka Luisa, o recentemente incorporado escritor Tom Spezialy (The Leftovers) e mais o director orixinal de Blade Runner, Ridley Scott.
O proxecto conta coa produción da Scott Free e mais a Alcon Entertainment (a compañía responsábel de The Expanse) e será a terceira grande entrega da franquía, após do filme orixinal de Scott de 1982 e mais a secuela de 2017 de Denis Villeneuve Blade Runner 2049.
A acción sitúa-se cincuenta anos despois da película de Villeneuve, polo que non está claro aínda cal será o argumento nin os protagonistas, pero a comezos da semana rumoreou-se que Jodie Comer estaba a mantér conversas para se incorporar ao elenco.
O traballo de Podeswa conta con mais ca salientábeis exemplos do mellor da televisión das últimas décadas, e así entre os seus cretos están Game of Thrones, True Detective, True Blood, The Handmaid’s Tale, The Walking Dead ou American Horror Story, por nomear só aqueles relacionados co xénero fantástico. E entre os seus proxectos futuros está a adaptación da novela chinesa The Three-Body Problem na Netflix.
Michael Green, Andrew Kosove, Broderick Johnson, Ben Roberts, Cynthia Yorkin, David W. Zucker e Clayton Krueger son os outros produtores executivos de Blade Runner 2099, que xa está por entrar na fase decisiva de comezo da produción.