A Fada dos Dentes

0
186

Dwayne O antigo loitador de wrestling reconvertido a actor Dwayne Johnson protagonizará o papel principal en The Tooth Fairy, unha comédia fantástica da 20th Century Fox que se vai rodar a partir do mes de agosto. Michael Lembeck (The Santa Clause) será o director.

Johnson fará o papel dunha persoa corrente que se verá envolta nunha loita por salvar ao reino máxico dos dentes onde vive a famosa fada.

The Tooth Fairy conta cun guión de Lowell Ganz e Babaloo Mandel coa colaboración de Joshua Sternin e Jeffrey Ventimilia.

Johnson é o protagonista do filme da Disney Witch Mountain, que se estreará axiña, e asemade poderemos ve-lo este verán nas carteleiras xunto a Steve Carell na comédia da Warner Brothers Get Smart.

Nos países anglosaxóns a Fada dos Dentes é o persoaxe que coma o rato Peres en España deixa regalos aos nenos cando se lles caen os dentes de leite.