Willow, cancelada

327

WillowA Disney+ ven de cancelar a série Willow da Lucasfilm após de tan só unha tempada, e dous meses despois de rematar os primeiros oito episódios. Na série, Willow e mais os seus novos compañeiros de aventuras buscan a Elora Danan, a meniña do filme orixinal que agora é unha muller adulta e desapareceu sen deixar rastro. Mália as boas críticas, a série, protagonizada por Warwick Davis, nunca acadou audiéncia abondo.