Steven Spielberg xa ten un Tintín

764

Jamie BellO actor Jamie Bell, recoñecido por calquera afeccionado ao cinema por ser quen deu vida ao neno protagonista do filme Billy Elliot (2000), e non Thomas Sangster, coma se especulara nun primeiro intre, será quen poña a súa face ao famoso reporteiro do cómic Tintín no filme que dirixirá Steven Spielberg, segundo veñen de confirmar oficialmente a Paramount e mais Sony.

Bell estará acompañado por Daniel Craig, o último dos actores en encarnar a James Bond, e que esta vez interpretará ao malvado Rackham “O Vermello” na primeira aventura da anunciada saga cinematográfica, The Adventures of Tintin: Secret of the Unicorn, que será realizada en tres dimensions.

Os dous actores, que voltarán a compartir filme despois da sua participación en Resisténcia (2008), destacan nun reparto no que tamén estará Andy Serkis (Gollum en O Señor dos Anéis), Toby Jones (Frost/Nixon, 2008) e Mackenzie Crook (Piratas do Caribe: O Cofre do Home Morto, 2006).

Spielberg dirixirá o filme e tamén desempeñará tarefas de produción xunto con Peter Jackson e Katheleen Kennedy, unha habitual nos proxectos de Spielberg desde E.T. (1982). Jackson tomará o relevo de Spielberg para a segunda entrega das histórias de Tintin e o seu nome soa tamén para dirixir a terceira parte e completar unha posíbel triloxia.

O filme escomezou xa o seu proceso de produción e será a primeira dunha série pensada para ser gravada en 3D.

A fita está baseada no icónico personaxe de cómic de Georges Remi, mais coñecido coma Hergé, e prevé-se que chegue ás carteleiras en 2011. As aventuras de Tintín foron creadas por Herge fai 80 anos e constan dunha série de 24 cómics dos que se venderon mais de 200 millóns de cópias en todo o mundo e foron traducidos a setenta línguas.