Unha versión americana para Squid Game

446

Squid GameA Netflix está a considerar a ideia de facer un remake americano do seu megaéxito coreán Squid Game. O realizador Hwang Dong-Hyuk creou a série orixinal, sobre un grupo de 456 xogadores que aceptan un convite para competiren nuns xogos infantís nunha illa remota, coa esperanza de gañaren miles de millóns, pero os xogos resultan ser mortais. A série orixinal, que está a facer unha segunda tempada, gañou moitas críticas por mor da súa mala dobraxe e polos subtítulos inexactos, pero iso non-a detivo para se converter no maior éxito da história da Netflix.