A actriz Jemma Redgrave retomará o seu papel de Kate Lethbridge-Stewart nunha série derivada de Doctor Who que está a crear o seu novo showrunner, Russell T. Davies.
Davies reviviu Doctor Who en 2005 e a levou adiante durante as eras de Christopher Eccleston e David Tennant, ademais de crear vários spin-offs de éxito, coma Torchwood ou The Sarah Jane Adventures. Co seu regreso, e agora protagonizada por Ncuti Gatwa, aumentará o orzamento e mais a distribución internacional fóra de Inglaterra grazas á Disney+.
Davies xa deixou claro que haberá spin-offs neste novo Whoniverso, con plans de expansión ao xeito da Marvel. Un deles centrara-se na organización de investigación militar UNIT, dirixida por Kate, mentres outro podería basear-se nos monstrosos inimigos do Doutor.
Redgrave interpretou o papel de Kate ao longo de dez episódios dende 2012, e apareceu xa canda Matt Smith, Peter Capaldi e Jodie Whittaker, mentres que a UNIT forma parte da franquía dende os comezos da série.