A veterana produtora arxentina Victoria Alonso ven de abandoar a Marvel Studios por sorpresa. Alonso traballara para a Marvel dende a primeira película de Iron Man e foi produtora executiva de todos os seus filmes dende a primeira entrega dos Vingadores. Os motivos desta saída non están claros pero poderían estar relacionados coa mala recepción de Ant-Man and the Wasp: Quantumania, que non só decepcionou no despacho de billetes, senón que ergueu moitas críticas pola súa realización técnica, o departamento do que Alonso era a xefa.