Terceira tempada para Strange New Worlds

263

Anson Mount, Rebecca Romijn e Ethan PeckAínda sen estrear a segunda, unha nova tempada de Star Trek: Strange New Worlds semella que está xa por entrar en rodaxe, mesmo antes de que se aprobe a súa produción. O produtor executivo Akiva Goldsman confirmou que a terceira tempada “ven de comezar a rodaxe“, e que a data de estrea da segunda dará-se a coñecer decontado, con dez novos episódios protagonizados por Anson Mount, Ethan Peck e Rebecca Romijn. A rodaxe da segunda tempada rematara no pasado mes de xullo.