O regreso de Linda Blair ao Exorcista

187

Linda BlairA “nena do exorcista” Linda Blair podería repetir o seu papel de Regan MacNeil na vindeira secuela do clásico filme The Exorcist de 1973, que dirixirá David Gordon Green para a Universal Pictures. De se confirmar o rumor, Blair tería un papel pequeno. Porén a súa nai no filme orixinal, Ellen Burstyn, terá moito mais traballo neste filme, que é o primeiro dunha nova triloxía e que rematou de se rodar hai un par de semanas.