Chris Pine unirá-se a Ariana DeBose e a Alan Tudyk no filme de debuxos animados Wish da Walt Disney Animation Studios. Ambientada no reino máxico de Rosas, a história presenta a Asha (DeBose), unha optimista enxeñosa que se preocupa pola súa comunidade, e que nun momento de necesidade, pide un desexo ao ceo. A súa súplica é respondida por unha forza cósmica, unha bóla de enerxía chamada Star. Aínda sen confirmar, o papel de Pine será con todo un dos protagonistas.