Questlove dirixe aos Aristogatos

402

O músico e realizador Ahmir Thompson, mais coñecido polo seu alcume artístico de Questlove, e que foi o gañador do Oscar de 2022 ao mellor documental con Summer of Soul, dirixirá a longametraxe que recreará o clásico The Aristocats para a Disney Pictures, esta vez con acción real.

Esta adaptación, coma aconteceu con Sonic the Hedgehog, mesturará acción real con elementos gráficos xerados por computadora. Questlove ademais será o produtor executivo do proxecto, que conta cun guión de Will Gluck (Peter Rabbit) e Keith Bunin (Onward).

A história orixinal ten coma protagonista a unha família de gatos consentidos, composta pola nai Duchess e mais os seus tres gatiños Berlioz, Marie e Toulouse, que viven en París e que son os herdeiros dunha enorme fortuna. Pero cando o envexoso mordomo do seu dono se decata de que non será el quen herde os cartos, secuestra aos gatos, que se ven obrigados a formar equipa cun gato vagabundo, pero de moi boas maneiras.

O filme orixinal, de 1970, estaba protagonizado por Phil Harris, Eva Gabor, Hermione Baddeley, Dean Clark, Sterling Holloway, Scatman Crothers e Roddy Maude-Roxby. A súa banda sonora contén música do lendário Maurice Chevalier ou a clásica canzón de jazz Ev’rybody Wants to Be a Cat. Aínda que foi daquela un grande éxito comercial, con 191 millóns de dólares de recadación, non chegou a contar cunha secuela .

Tarik Trotter, Shawn Gee e Zarah Zohlman serán tamén produtores executivos.