Aínda que a rodaxe da nova série Daredevil: Born Again apenas deu comezo este mes, ún dos seus protagonistas, Vincent D’Onofrio, deixou caer que está xa en desenvolvemento a segunda tempada: “É sen dúbida un xeito orixinal de ver isto, e é realmente profundo, realmente emocional. E, para a segunda tempada, hai xigantescas, xigantescas compensacións – na primeira tempada, tamén, pero non podo dicir moito sobre iso – pero os fans van conseguir realmente o que queren. É xenial face-lo“. A data de estrea aínda está por fixar, pero será ao longo da segunda metade de 2024.