Nunha recente entrevista na rádio canadiana, o creador orixinal da série The X-Files, Chris Carter, deixou caer que o director Ryan Coogler (Black Panther) está a desenvolver unha nova versión da franquía: “Veño de falar cun mozo… Ryan Coogler… que vai volver montar The X-Files cun elenco diverso. Así que ten moito traballo por diante porque cubrimos moito território“. Aínda non está claro se isto será unha série, unha película, un revival ou unha secuela.