Star Trek: Picard está por rematar a súa andaina e Star Trek: Discovery foi cancelada tras cinco tempadas, pero iso non significa que o final da franquía estea próximo nin moito menos. De feito, a Paramount+ aínda ten plans para as dúas séries mais aprezadas polos fans e ven de encargar oficialmente novas tempadas de Star Trek: Strange New Worlds e da comédia de debuxos animados Star Trek: Lower Decks, con senllos pedidos de dez episódios cadansúa.
Mentres tanto, a canle revelou asemade as datas de estrea das novas tempadas das devanditas séries: a segunda quenlla de Star Trek: Strange New Worlds chegará este 15 de xuño, e a cuarta Star Trek: Lower Decks estreará-se a finais de verán, despois de que a outra remate.
O mais probábel deste xeito é que Strange New Worlds e Lower Decks emitan a súa terceira e quinta tempadas respectivamente ao longo de 2024.
Pola súa banda, a segunda tempada da série de debuxos animados para nenos Star Trek: Prodigy tamén se estreará este 2023, completando deste xeito a grella da franquía na Paramount+ até finais de 2024. Porén para despois desa data aínda continúa sen haber ren confirmado.