Steven Rogers, enmeigado

0
191

Enchanted, a capa do libroO guionista Steven Rogers adaptará a novela de 2005 da escritora Shanna Swendson Enchanted, Inc. para a Strike Entertainment.

A história, encadrada na série “Hex and the City”, vai sobre Katie Chandler, unha muller duns vintetantos anos dunha pequena vila de Texas que chega a New York a traballar para unha empresa chamada MSI, Inc. No seu novo traballo decáta-se de que a máxia existe alí dende hai séculos e que ela non é unha persoa tan normal como coidaba, xa que é unha das poucas persoas que non teñen poderes máxicos e polo tanto pode ver calquera feitizo.

Ainda non hai mais dados sobre esta produción, para a que se agarda en primeiro lugar contar co huión rematado.