WARNER BROS. / Blue Beetle. Jaime Reyes, recente licenciado, regresa a casa cheo de bós desexos para o seu futuro, pero atopa inesperadamente unha antiga relíquia de biotecnoloxía alieníxena: o Escaravello. Xolo Maridueña, George Lopez, Susan Sarandon, Harvey Guillén, Adriana Barraza, Damián Alcázar e Bruna Marquezine protagonizan o filme dirixido por Ángel Manuel Soto, a estrear o 18 de agosto.