Segundo un sorprendente informe da canle conservadora Bloomberg, a HBO está por pechar un acordo para desenvolver unha série de televisión baseada nos libros supervendas de J.K. Rowling da saga de Harry Potter, que se emitiría por cable e en streaming.
Cada tempada da série baseará-se nun dos libros, e polo tanto terá espazo dabondo para ampliar as escenas, a história e mais outros elementos que as películas non tiveron tempo de explorar.
Agárda-se que a Warner Bros. Discovery Inc. anúncie oficialmente as novas a semana que ven, coma parte dunha nova estratéxia de streaming da compañía, cuxo conselleiro delegado, David Zaslav, xunto ao xefe da HBO, Casey Bloys, seica convenceron a Rowling para producir esta nova série.
A Warner Bros. Discovery amosara xa con anterioridade o seu desexo de facer mais coa propriedade, mália o relativo fracaso nos despachos de billetes da franquía spin-off Fantastic Beasts. Seica esta vez a mesma Rowling participará na série, para deste xeito garantir que se manteña fiel ao material orixinal, pero sen ser a showrunner nin constar coma creadora principal.
Todo este movemento estaría incluído dentro dun plan que incluirá ademais o novo nome do seu servizo de streaming, que substituirá á marca HBO Max, considerada nestes intres “de luxo” polos consumidores e polo tanto pouco atractiva.
A saga de Harry Potter vendeu mais de 600 millóns de libros en todo o mundo, mentres que as oito películas baseadas directamente na mesma xeraron en total mais de 7.700 millóns de dólares nos despachos de billetes.