Outra secuela de Xogo de Tronos

510

A saga de Game of Thrones xerará unha segunda série secuela, esta vez centrada ao redor da conquista de Westeros polo rei Aegon Targaryen. O proxecto está aínda nunha fase moi temperán e polo tanto non hai guionistas vencellados, pero fontes da HBO afirman que están á procura dalguén axeitado porque queren comezar o seu desenvolvemento.

Ademais, o proxecto incluiría unha longametraxe producida pola HBO e a Warner Bros. Pictures, se ben isto aínda non está decidido.

A série narrará como Aegon e mais as súas irmán-esposas, Visenya e Rhaenys, utilizaron o seu exército e tres dragóns para conquistar seis dos sete reinos de Westeros, coa única excepción de Dorne. Aegon I converteu-se no primeiro rei de Westeros e fundador da dinastía Targaryen. Estes acontecementos teñen lugar uns 300 anos antes dos sucesos de Game of Thrones e 100 antes dos de House of the Dragon.

A HBO desenvolveu várias séries ambientadas nos mundos creados por George R.R. Martin, pero só unha delas, House of the Dragon, converteu-se en série até agora, cunha segunda tempada xa en produción.