Cannes poderá acoller a Indiana

515

Indiana Jones IVA canle Fox News ven de informar que os representantes de Steven Spielberg están tentando asegurar-se de que Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull sexa o filme que abra este ano o Festival de Cinema de Cannes, que escomezará o vindeiro 15 de maio.

Isto sería o pistoletazo de saída para a moi agardada secuela das aventuras de Indiana Jones, e unha espléndida oportunidade para toda a equipa e mais o reparto de desfilar pola alfombra vermella do prestixioso Palais de Cannes.

Os rumores ademáis din que a Paramount non planea facer ningunha presentación prévia paraa prensa, polo que a estrea de Cannes sería realmente unha prmícia mundial e a primeira oportunidade exclusiva de mirar este filme antes da súa estrea oficial, o 22 de maio.