Harry Potter na tele por dez anos

242

Xa é oficial, a série da Max Original baseada nos libros de Harry Potter está en marcha, e a Warner Bros. Discovery fixo o anúncio hai unhas horas.

A escritora J.K. Rowling será a produtora executiva da série, que emitirá a Max e que será unha versión fiel dos seus libros, cun novo elenco de protagonistas.

O presidente da Warner Bros. Discovery, David Zaslav, indicou que o plan é que a série dure dez anos: “É realmente emocionante, durante dez anos consecutivos, a xente verá a Harry Potter na HBO; quero dicir, é realmente xenial“.

Nun comunicado, Rowling dixo: “O compromiso da Max de preservar a integridade dos meus libros é importante para min, e estou desexando formar parte desta nova adaptación que permitirá un grao de profundidade e detalle que só ofrece unha série de televisión de longa duración“.

Neil Blair e Ruth Kenley-Letts serán tamén produtores executivos, unha tarefa para a que ademais está pendente de confirmar a David Heyman.

A série contará cun orzamento na liña de House of the Dragon ou mais alto, por riba dos 125 millóns de dólares por tempada, pero non evitará que se fagan outros proxectos baseados na franquía do popular neno meigo. Zaslav dixo: “Somos libres de facer o que queiramos. Algunhas áreas témo-las que facer con J.K., e noutras temos plea capacidade para seguir adiante. Este é un despregamento completo na Max de Harry Potter. Aínda podemos desenvolver outras propiedades“.

A Warner Bros. Discovery está agora á procura dun guionista e showrunner.