Segunda precuela de Xogo de Tronos

471

A Max ven de encargar oficialmente unha segunda série precuela de Game of Thrones, que levará por título A Knight of the Seven Kingdoms: The Hedge Knight.

O programa baséa-se no popular trío de novelas curtas Dunk and Egg de George R.R. Martin. Ambientada un século antes dos acontecementos de Game of Thrones, dous heroes improbábeis vagan por Westeros. Ún é un mozo inxénuo pero valente cabaleiro, Ser Duncan o Alto, que un día se converterá en Lord Comandante da Garda Real. O outro é o seu pequeno escudeiro, alcumado Egg, pero chamado Aegon V Targaryen.

Ambientada nunha época na que a liñaxe dos Targaryen aínda ostenta o Trono de Ferro e o recordo do derradeiro dragón aínda non desapareceu da memória, grandes destinos, poderosos inimigos e perigosas fazañas agardan a estes dous amigos. A diferéncia das epopeas bélicas das outras séries, as histórias de Dunk e mais Egg son mais lixeiras e mesmo algo cómicas.

Esta é a segunda precuela da série orixinal, despois de The House of the Dragon. O mesmo Martin escribirá na série e será o produtor executivo e guionista xunto ao produtor de The House of the Dragon, Ira Parker. Ryan Condal será tamén produtor executivo xunto a Vince Gerardis.