Sansón e Dalila no futuro

0
218

Sansón e Dalila, por RubensNun trato que implica unha cifra con sete números, a Warner Bros. ven de adquirir os dereitos sobre Samson, un guión para unha narración futurista da lenda de Sansón e Dalila.

A Warner fíxo-se asemade cos dereitos após de vencer nunha poxa a outros dous estudos que aspiraban ao mesmo. O trato chega após dun ano moi malo no que se venderon os guións moi por baixo do que é habitual na indústria do cinema. O proxecto polo tanto contará cun guionista e cun director de prestíxio e que probábelmente pasará a ser un filme salientábel cun actor de primeira liña.

Así, Scott Silver escribirá o guión, e Francis Lawrence o dirixirá. Erwin Stoff será o produtor a través da empresa 3 Arts.

Samson pretende ser outra volta de rosca ambientada no futuro sobre a clásica lenda bíblica dun guerreiro invencíbel cuxa forza só pode ser derrotada após da traizón de Dalila, quen descubre que o segredo do poder atópa-se na longa melena de Sansón.

Lawrence foi o recente director de Eu son Lenda e nestes intres está a desenvolver unha precuela dese mesmo filme xunto ao seu protagonista, Will Smith, e ao guionista D.B. Weiss. Lawrence tamén será o produtor executivo (con Stoff e Michael Green) da vindeira série de TV da canle NBC Kings.

Silver non conta con ningunha incursión no cinema fantástico polo de agora, pero foi o guionista do filme 8 Mile que protagonizou o rapeiro Eminem.